Mayo de 2017 Juan Durán
O 17 de maio, Día das letras galegas, a soprano María Rodríguez acompañada ao piano por Juan Durán farán un recital de cancións galegas na Casa de Galicia en Madrid. O programa está integrado por cancións de Marcial del Adalid, Juan José Castro Chané, José Baldomir, Eduardo Toldrá, Andrés Gaos, Margarita Viso, Federico Mompou, Antón García Abril e do propio Juan Durán.