CD "DE TRAVÉS". Tomás Camacho (Faro de Vigo)

Juan Durán

... Continúa con outro dos grandes compositores de Galicia, Juan Durán. A súa pequena peza para piano e frauta “Improvisación en forma de muiñeira” parte da célula típica da muiñeira e, en aparente improvisación, transpórtanos a un fantástico mundo onírico. Á citada, seguen “Catro pezas populares galegas” para frauta e arpa nas que Durán amosa un gran lirismo melódico, e a súa sinxeleza harmónica, malia certas ousadías, encaixa perfectamente co seu referente popular. Nas seguintes “Tres pezas breves” amósanos un perfecto dominio da atonalidade e do timbre, sen perder expresividade nin coherencia formal.