Concerto-conferencia "Día das Artes Martín Codax"

Junio de 2023 Juan Durán

O 8 de xuño terá lugar ás 20:30 horas no Coliseo Noela de Noia o concerto-conferencia dedicado á obra de Martín Codax, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2023, no que a soprano Clara Jelihovschi Panas e a pianista Margarita Viso interpretarán as “Cantigas de Martín Codax”, e distintas cancións da época do rexurdimento. O acto contará coa participación de Juan Durán.