Septiembre de 2020 Juan Durán
A Real Academia Galega de Belas Artes retoma a secuencia dos “Martes das Artes”, actividades para este día da semana, na que se prosegue cun ciclo dedicado a diálogos con creadores, entre os que estarán, entre outros, o fotógrafo Xurxo Lobato, o pintor Manuel Quintana Martelo ou o compositor Juan Durán.
O terceiro acto do Ciclo, baixo o título “Música na fin do Camiño”, terá lugar o martes 29 de setembroe será impsrtida polo compositor e académico numerario da Sección de Música don Juan Durán Alonso.
DÍA: martes 29 de setembro
HORA: 20:00 horas
LUGAR: Academia Galega de Belas Artes (praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1)
As actividades do ciclo terán unha capacidade reducida a 18 asistentes polas circunstancias e normativa relacionadas coa situación provocada pola COVID-19: a reserva de praza poderase realizar no teléfono 981 211 602 ou no email info@academiagalegabelasartes.gal