J. Durán no CD "Cantos da Natureza"

Marzo de 2018 Juan Durán

J. Durán no CD "Cantos da Natureza"

Próximo sábado día 10 ás 20:00 h. no auditorio de Vila de Cruces, presentación do libro-cd "Cantos á Natureza" con textos póstumos de Xosé Neira Vilas. Música de Juan Durán, Margarita Viso, María Mendoza, Xabier Comesanha e Paulino Pereiro; ilustrado por Irene Silva Xiráldez; intérpretes: Susana de Lorenzo, soprano; Cesareo Torres, tenor e Alejo Amoedo, piano. Editado por edicións Fervenza. Foi gravado no Auditorio de Galicia.