J. Durán; Presentación do CD "No vento" na EMAO de Vigo o día 15 de abril

Abril de 2016 Juan Durán

J. Durán; Presentación do CD "No vento" na EMAO de Vigo o día 15 de abril

https://vimeo.com/162450229/34a80da609

FICHA TÉCNICA

Título: No vento

Intérprete: Zoar

Selo: Discos Ouvirmos

 

No vento, escolma de pezas que percorren varios séculos de música galega. Unha persoal playlist, unha proposta de intencións musicais para o ouvinte que é, á vez, tamén memoria colectiva dun tempo pasado que perdura e que é porvir.

Unha visión da Galicia universal e evocadora, a través da sonoridade do quinteto de vento clásico, tan cheo de suxestións tímbricas coma de percepcións sinestésicas. Deste xeito, No vento ten o aire dos aulos do pasado pero tamén ten cores e ten paisaxes.

Dende Martín Codax a Milladoiro, dende a música popular aos grandes compositores do Rexurdimento. Velaí esta poética musical de Zoar no vento, que vai conformando, ao longo destas dezasete pezas, a banda sonora dun pobo. 

Tracklist

  • Alborada
  • Camariñas
  • Unha noite na eira do trigo
  • María Soliña
  • Quen puidera namorala
  • Negra Sombra
  • Tecendo liño
  • Arrolín, arrolán
  • Ondas do mar de Vigo
  • Prende, salgueiriño
  • Anduriña
  • Mayo longo
  • A bruxa
  • Alalá das Mariñas
  • Paxaro que vas voando
  • Santa María, Strela do día
  • Rosa de Abril