Novedades de Juan Durán

29-09-2020

Conferencia de J. Durán na Real Academia Galega de Belas Artes

A Real Academia Galega de Belas Artes retoma a secuencia dos “Martes das Artes”, actividades para este día da semana, na que se prosegue cun ciclo dedicado a diálogos con creadores, entre os que estarán, entre outros, o fotógrafo  Xurxo Lobato, o pintor Manuel Quintana  Martelo ou o compositor Juan Durán.

O terceiro acto do Ciclo, baixo o título “Música na fin do Camiño”, terá lugar o martes 29 de setembroe será impsrtida polo compositor e académico numerario da Sección de Música don Juan Durán Alonso.

DÍA: martes 29 de setembro

HORA: 20:00 horas

LUGAR: Academia Galega de Belas Artes (praza Pintor Álvarez de Sotomayor, 1)

As actividades do ciclo terán unha capacidade reducida a 18 asistentes polas circunstancias  e normativa relacionadas coa situación  provocada pola COVID-19: a reserva de praza poderase realizar no teléfono 981 211 602 ou no email info@academiagalegabelasartes.gal

01-09-2020

Conferencia de J. Durán en Tui

O próximo martes, 1 de setembro, ás 20 h terá lugar na Área Panorámica a conferencia “Música no final do Camiño” a cargo de Juan Pedro Durán Alonso. Forma parte do Ciclo Facer Camiño, actividade complementaria da exposición itinerante de mesmo nome, coordinada pola Academia Galega de Belas Artes, coa colaboración da Xunta de Galicia  e que se pode visitar na Sala Municipal de Exposición en Tui estes días.

O compositor e académico Juan Pedro Durán Alonso disertará sobre “Música no final do Camiño”, e ao remate da conferencia está previsto un coloquio sobre a cultura do Camiño a Compostela que contará coa participación do historiador da Arte e académico Felipe-Senén López Gómez.

http://tui.gal/gl/novas/conferencia-musica-no-final-do-camino-de-juan-pedro-duran-alonso-o-martes-1-en-tui

22-03-2020

Sala Masaka de Yokohama (Japón)

La soprano Haga Miho y al piano Ogura Kazimi interpretan música de Juan Durán, sobre poemas de Ramón Cabanillas. Sala Masaka de Yokohama (Japón), 22 de marzo de 2020.

13-02-2020

Música de J. Durán para frauta e piano en Bruselas

O dúo formado por Fernando Raña, frauta, e Rasa Biveiniene, interpretarán a Sonata Leviatán de Juan Durán o 13 de febreiro de 2020 en Art Base, Bruselas.

http://www.art-base.be/index.php?view=details&id=2300%3Atemplate-concert&option=com_eventlist&Itemid=2

19-01-2020

A soprano Anabel Real estrea en Barcelona dúas cancións sobre poemas de S. Espriu de J. Durán

http://www.jmsantcugat.org/agenda_detall_1/_CAFjuKR7gbXpifbMG9AE3ydwMu3AmLD8G9He6a96oyuABRUjVJkE3i4qB3Miuh4sr50mWNlNVDA 19/01/2020   Anabel Real, soprano

 

J. Durán: Dos canciones sobre poemas de Salvador Espriu [Estrena absoluta. Obra encàrrec de la Fundació de Música Ferrer-Salat i JM Catalunya]

 

Lloc:  Aula Magna Escola Municipal de Música - Plaça Victòria dels Àngels - Sant Cugat del Vallès  
14-11-2019
09-11-2019

Estrea de J. Durán no Auditorio de Las Rozas (Madrid) polo pianista Bruno Francesco Leone

O día 9 de novembro, no Auditorio de Las Rozas (Madrid), dentro do Concruso Internacional Compositores de España, terá lugar a estrea de FANTASÍA SOBRE UN TEMA DE GARCÍA ABRIL do compositor Juan Durán, que será estreada polo pianista Bruno Francesco Leone.

01-11-2019

J. Durán no Concurso Internacional de Piano Compositores de España

O Concurso Internacional de Piano Compositores de España estará dedicado na súa edición de 2019 a Juan Durán. Trátase dun concurso musical dirixido a pianistas de música clásica de todo o mundo. Se celebra cada año no mes de novembro e ten como sede o auditorio "Joaquín Rodrigo" de Las Rozas (Madrid). Cada edición toma o nome do compositor español homenaxeado e se ofrecen diversos concertos nos que se programan as obras da súa producción pianística.

https://es.wikipedia.org/wiki/Concurso_Internacional_de_Piano_Compositores_de_Espa%C3%B1a

01-11-2019

A Orquestra Sinfónica de Tenerife interpreta música de J. Durán

O 1 de novembro de 2019, a Orquestra Sinfónica de Tenerife, dirixida por Víctor Pablo Pérez, interpreta CERVANTINA de Juan Durán, no Auditorio de Tenerife, nun programa que inclúe música de Elgar e Shostakovich.

http://sinfonicadetenerife.es/programas-de-temporada/