O pasado sábado día 20 de febreiro, nos estudos de gravación Mans, tivo lugar o rexistro do Concertino para Saxofón e Piano de J. Durán. Eva Fernández ven de obter Mención de Honra nos Premios á Excelencia Musical que organiza a Fundación Paideia.
O Cuarteto de Clarinetes Vert prepara para a estrea e gravación de O SEÑOR BISCUIT de J. Durán.
O Dúo Brillance, integrado por Marcos Mariño, saxofón e Gabriel López, piano, interpretarán a Suite para saxofón e piano de J. Durán o próximo 17 de fereiro con Conservatorio Profesional de Música da Coruña, e o día 20 de febreiro en Allariz (Ourense).
O arranxo de Lela de J. Durán en "Concierto de piano Romántico: Soprano (Noemí Mazoy) y piano (Conchi Seijas Moreda)" hoxe en Poferrada. Teatrro Bergidum. 21 de xaneiro de 2016.
SAMHAIN, CD do vibrafonista Antonio Agra. Free Code, jazzrecords.
As paisaxes sonoras de Antonio Agra
“Alguna noche de vino y hierbas fumables, con The Soft Machine o John Coltrane afelpando el aire de reconciliación y contacto, lean en voz alta los poemas de Salinas, dibujen en un oído cegado por la tinta de imprenta ese árbol de poesía que Rilke sintió en el canto de Orfeo. No sé la mejor manera de pagar una larga deuda y recibir a la vez mucho más, infinitamente mucho más de lo que damos". Esta cita de Julio Cortázar, mil veces repetida e que tanto me revolve os adentros dende hai xa tantos anos, véuseme á cabeza, como sempre me ocurre ante certo tipo de música, escoitando este Samhain de Antonio Agra. E, como Cortázar, síntome debedor deste agasallo para os ouvidos e para as emocións que aquí Antonio nos ofrece en forma de nove pezas para vibráfono so.
A segunda imaxe que cruza a miña mente, logo de escoitar esta selecta escolma de obras, é a poética. Esa poética que para Stravinsky é un “facer da orde”. Ordear o caos: iso fai o bo músico fronte á inagotable fonte de sons que constitúe a súa persoal paisaxe sonora á vez que o converte nun fluxo de emocións que nos posúen. Isto é o que consegue Antonio Agra con Samhain: transforma a súa proposta de nove formas sonoras en algo que podemos traducir en emocións. Velaí a verdadeira arte da interpretación musical.
Antonio Agra é un artista integral, tan inquieto pola súa permanente formación instrumentística como apaixoado degustador de todo tipo de músicas. Estas nove mostras da súa persoal selección así o testemuñan. Son pezas ben escollidas que dan resposta ao seu exquisito ideario estético. Son, pois, nove “xoiñas” que teñen o sabor da boa música e que se visten cos sedutores e íntimos sons do vibráfono: axeitado soporte sonoro para esta selección. Son, en suma, pezas fronteirizas entre un impresionismo sempre latente e ese regusto polo jazz de sempre, que é frescura e intensidade constante.
O perfeccionismo técnico levado ao extremo, o rigor interpretativo, a coidada execución das obras son calidades que é de xustiza sinalar e que agroman nesta gravación converténdoa nun valor seguro. Non en van, Antonio Agra é debedor de importantes experiencias que deixaron unha fonda pegada no seu facer profesional. Cando Antonio fala, por exemplo, do grande Mike Mainieri, de quen recibiu enseñanzas en NY, ilumínanselle os ollos, consciente de ter estudado cos máis grandes, como tamén Mark Sherman, profesor da célebre Julliard, de quen aínda está a recibir clases. Pero é que Antonio xa non é un neno e ao longo destes corenta anos adicados tanto ao estudo como a desenvolverse profesionalmente como intérprete tivo ocasión de traballar coas principais orquestras sinfónicas galegas; residiu en Holanda para traballar os timbais sinfónicos con Nick Woud, percusionista da Royal Contcertgebouw Orchestra; pasou tempadas por Boston, Filadelfia e NY co obxecto de afondar na técnica do jazz e tivo o pracer de estrear en Galicia, no Pazo da Ópera, xunto á BMC, o Concierto para Marimba de Alfred Reed.
Entre Over the rainbow e Available in blue, entre Walz for Debby e Tea for two, por citar algunhas, hai un abismo de ductilidades sonoras, un océano de emocións fondas e contidas. Finalmente, a gravación, mimada por Antonio no seu propio estudo, ofrece unha toma sonora transparente, próxima e sen artificios. Só resta gozar este Samhain como se paladean as boas paisaxes sonoras, “afelpando el aire de reconciliación y contacto”, xunto aos versos dun Salinas ou á poética tan viva como intensa do benquerido Cortázar.
Juan Duran, compositor.
Gravación en CD da obertura FANFARRIAS XACOBEAS de J. Durán, en transcripción para banda de R. Collazo, pola Banda de Santa Cruz de Ribadulla, dirixida por Xosé Rodríguez Ramos.
A "Fantasía sobre un tema popular" para piano de Juan Durán no novo CD do pianista estradense Javier Otero, baixo o título GALICIAN FOLK SONGS.
A presentación do CD será en A Estrada, o próximo 21 de decembro.
Juan Durán:Estreno de la obra sinfónico-coral PASEANDO POR MADRID
Orquesta y Coro de la Comunidad de Madrid
Camerata Infantil ORCAM-BBVA
Pequeños cantores de la JORCAM
Director: Víctor Pablo Pérez
Concierto extraordinario Fundación BBVA
Auditorio Nacional de Música (Sala Sinfónica), Madrid, 19.30 h., 30 de noviembre de 2015.
O IX Certame Galego de Bandas de Música terá lugar os días 21 e 22 de novembro de 2015 no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.
O próximo día 12 de novembro, ás 19.30 horas, no Museo de Belas Artes da Coruña, terá lugar a estrea da Suite para Fagot e Piano de Juan Durán, no marco do ciclo de música actual que organiza a Fundación SGAE e a Asociación Galega de Compositores. Os intérpretes serán Alex Salgueiro, fagot (membro da Orquestra Sinfónica de Galicia) e Gabriel López Rodríguez, piano (profesor do Conservatorio de Música da Coruña). A entrada é libre.
La Orquesta RTVE ofrece el concierto ‘Historia de nuestro cine’ que celebra el 30 aniversario de la Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas en el Teatro Monumental de Madrid, hoy 21 de octubre de 2015. Bajo la dirección de Claudio Ianni, la Sinfónica RTVE interpretará bandas sonoras de películas españolas.
La ‘Suite de Cine’ del grupo de música celta Milladoiro, con orquestación de Juan Durán. Formada por fragmentos de las películas ‘La mitad del cielo’, ‘Tierra de fuego’ y ‘Las galas del difunto’ a las que puso música Milladoiro, será interpretada por la Orquesta RTVE con Xosé V. Ferreiros y Nando Casal Tacón.
Quinteto de vento de Juan Durán. (III movemento)
- Concerto no Centro de Referencia da música Carioca. 10/10/2015
- Concerto no Teatro Municipal de Niteroi 07/10/2015