En Cambados, o 5 de xuño, terá lugar o concerto do proxecto NO BICO UN CANTAR, que concita a rapaces de todos os conservatorios de Galicia, co grupo Hércules Brass, baixo a dirección de Maximino Zumalave. Nesta ocasión, adicado á figura do poeta Ramón Cabanillas.
Para esta edición, Juan Durán realizou os arranxos de Pregaria de Baldomir, Aureana do Sil de Mompou e Era un piniño novo de Rodríguez-Losada.
No Centro Ágora, o 4 de xuño, a Banda Municipal de Música da Coruña, dirixida por David Fiuza, estrea a transcrición que fixo Rafael Collazo da obra de J. Durán FANFARRIAS XACOBEAS.
José Castro "Chane" / Orq. J. Durán
Texto: Manuel Curros Enríquez
Real Filharmonía de Galicia, Maximino Zumalave
http://consellodacultura.gal/especial/concerto-letras-2015/index.html
No auditorio de Afundación, o día 7 de maio, no ciclo «Nuestros intérpretes» da Temporada lírica coruñesa, o tenor Francisco Pardo e o pianista pianista Borja Mariño estrearán a canción "Baixei ao teu amor" de Juan Durán con texto de Marica Campo
AS OUTRAS ORQUESTRAS SINFÓNICAS GALEGAS
Habitualmente, cando nos referimos ás orquestras sinfónicas galegas tendemos a falar, case exclusivamente, das dúas únicas formacións profesionais existentes: a Orquestra Sinfónica de Galicia, con sede na Coruña, e a Real Filharmonía de Galicia, con sede en Compostela. Ambas dependen dos seus respectivos consorcios de titularidade pública e, ao longo de máis de vinte anos de existencia, teñen acadado un merecidísimo posto pola súa alta calidade técnica no panorama musical español.
Sen embargo, é un feito que tamén ao longo destes últimos vinte anos, e como consecuencia do efecto que tivo a creación e desenvolvemento de toda unha importante rede de conservatorios e escolas de música en Galicia, fóronse creando unha serie de agrupacións sinfónicas que están deixando unha máis que evidente pegada na nosa vida musical. Estamos a falar, entre outras, da Orquestra 430 de Vigo, da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra ou da Orquestra Gaos con sede na Coruña. As dúas primeiras contan cun decidido apoio por parte dos seus concellos, en tanto que a Gaos está á espera de atopar un axeitado sistema de financiación. Porque o grande reto destes conxuntos é o da perdurabilidade xa que non resulta doado manter unha agrupación estable, na que aos seus integrantes se lles esixe unha alta cualificación profesional e un traballo serio e continuado, requisitos estes indispensables para levar a diante un proxecto destas características.
Pero si realmente estas orquestras teñen unha razón de ser é a de servir de plataforma para que os nosos músicos galegos teñan a posibilidade de desenvolver o seu traballo como instrumentistas dun xeito digno e profesional. Son moitos os rapazas e rapaces galegos que están a amosar unha traxectoria académica verdadeiramente encomiable; o pon de manifesto a extensa nómina de músicos que están a ocupar atril en orquestras de recoñecido prestixio internacional como a Filarmónica de Berlín, a Sinfónica de Hamburgo, a Sinfónica da Radio de Baviera, a Staatskapelle de Dresden ou a Gustav Mahler Jugendorchester, entre outras. Unha chea de músicos emerxentes que están aí.
Só é cuestión de tempo para que poidan devolver á sociedade galega a inversión que se fixo na súa formación. Porque a eduación musical non pode nin debe perseguir como única meta a formación de solistas instrumentais. A súa principal misión debe ser ofrecer á sociedade os músicos que esta necesita para poder canalizar aquelas actividades que demanda a comunidade. Os principais concellos galegos deberían contar cunha orquestra que permitise non só darlle aos seus músicos a posibilidade de desenvolver o seu traballo, senon tamén permitirlle aos seus cidadáns o lexítimo acceso ao coñecemento do repertorio sinfónico, verdadeiro eixo da nosa cultura universal.
Ante a ausencia dun verdadeiro recoñecemento ao seu decidido traballo, estas agrupacións orquestrais aproveitan as diversas prataformas de internet para poñer en valor o seu bo facer. Invito ao lector a que percorra os buscadores na rede; abofé que quedará sorprendido pola boa música que interpretan, pero non menos satisfactoria será a experiencia de compartir con eles o seu entusiasmo e a súa xenerosidade, elementos imprescindibles para facer música de conxunto. Estas rapazas e rapaces son unha fermosa mostra do mellor das novas xeracións. Eles son os músicos do noso presente e do noso porvir.
Juan Durán, compositor
Compostelactual, no 11. Abril de 2015
Estrea da obertura sinfónica PÓRTICO DA ILLA DE MONTEAGUDO, para arpa e orquestra.
Concerto extraordinario O CANTO DAS ILLAS. Auditorio do Mar de Vigo. 20/02/2015
Alba Barreiro, arpa; Orquestra Sinfónica 430 de Vigo, dir.: Piero Lombardi.