O ARAME Roberto Relova (Revista Galega de Teatro, nº 58)

Juan Durán

Juan Durán coñece e ama ben a ópera, as súas relacións coa voz humana son antiguas e apaixoadas. Desde a investigación, a propia experiencia musicolóxica, e por suposto a creativa, Durán optou por instalarse nas tendencias contemporáneas da actual tradición operística. Unha obra sen excesos escénicos, camelística, cunha gran profundidade nos personaxes e unha música belísima adaptada a un texto extraordinario. Os camiños da dor, do abandono, do recordo, e como case sempre, como todo camiño iniciático acaba próximo ao mar, cerca do fluído máis inestable, simbólicamente, dentro das emocións humanas: a auga. Recordar aquí a viaxe de Isolda, o paso órfico da Lagoa Estixia, o manantial de Calisto, Ariadna abandonada en Naxos, a morte de Dido e ata as relacións entre o mar e a morte; que chegan ata o paroxismo en certas obras de Benjamín Britten, ou por citar a súa ópera Morte en Venecia, moi n aliña escénica e dramática de Durán e Lourenzo. O Arame concentra todo o seu poder escénico na importancia do texto, e velaquí o xenial da súa concepción: unha volta de rosca á primitiva ópera do S. XVII que retorna ata o século XX da man dos máis grandes compositores modernos. Isto é, a teatralidade, a escena, a palabra, o xesto, as emocións, o que verdadeiramente interesou ao público barroco afundido e dividido entre as paixóns e a razón.

Público e crítica apoiaron de forma unánime O Arame. Instalámonos posiblemente nas máis modernas liñas da ópera máis auténtica, grazas á súa concepción cun texto e música extraordinarios. Concepción que se alimenta da forza dos dous personaxes e os símbolos a través da danza.